Lembrade que para que estas festas sexan posibles necesítase a aportación de tódolos veciños, e ademáis sempre se pode axudar un pouco mais, comprando unha camiseta ou un mechero dos que vende a comisión de festas.
Os dias de festa son o domingo 15 e luns 16, pero o fin de semana anterior haberá os tradicionais partidos de futbol solteir@s contra casad@s e o partido de bolos no campo de Triñáns.
Como novidade deste ano, preténdese facer unha festa do lingueirón, que será o sábado 14, xunto ca actuación da BANDA DA BALBINA.
16 de Xullo - Día do Carme
Ás 12:00 h. Misa Cantada na honra da Virxe do Carme e a continuación Procesión Marítima coa ofrenda floral na honra de todos os mariñeiros falecidos.
A verbena estará amenizado polas orquestas
ACHÉ e PANAMÁ
AS 23:59 FOGOS ARTIFICIAS
Domingo 15 de Xullo
A partires das 18:00 h.
Xogos Tradicionais nos arredores do campo das festas e no peirao:Cucañas, Tiro da Corda, Carreira de ovos, Carreira de Sacos e moito máis, anímadevos a participar que ó mellor algún premio ides levar.
Pola noite verbena amenizada polas orquestas:
PHILADELPHIA e JERUSALÉN
No hay comentarios:
Publicar un comentario