Feijoo alude ao peirao deportivo de Cabo de Cruz como un porto de referencia na inauguración das instalacións
Numerosas autoridades, veciños e representantes de entidades sociais asistiron ao acto
O porto de Cabo de Cruz presentaba este mediodía un ambiente excepcional. Decenas de persoas citáronse, baixo un sol de xustiza, nas instalacións do Club Náutico de Boiro para asistir á inauguración oficial do espazo dedicado á náutica deportiva, un acto que tampouco quixo perderse o presidente da Xunta. Alberto Núñez Feijoo, que estivo acompañado, entre outros, pola conselleira do Mar, Rosa Quintana, destacou o valor do proxecto impulsado pola entidade que preside Manuel Fajardo para converter á dársena crucense «nun porto de referencia».
Fajardo, que entregou ao máximo responsable do Goberno Autonómico o diploma que lle acredita como socio de honra do náutico, recordou o longo camiño que tivo que percorrer a entidade ata ver as instalacións convertidas en realidade, mentres que o alcalde boirense, Juan José Dieste, destacou a importancia do porto deportivo para impulsar o turismo e a economía do municipio.
Para rematar, Núñez Feijoo asegurou que, tras o esforzo investidor realizado polo Club Náutico de Boiro, agora «tócalle á Xunta», e comprometeuse a contratar o proxecto para a instalación dos pantaláns destinados ás embarcacións mexilloeiras antes de que finalice o «acometer, nos anos sucesivos, a ordenación da lámina de auga para que convivan os bateeiros, a pesca de baixura, o marisqueo e a náutica»ano .
No hay comentarios:
Publicar un comentario