jueves, 13 de septiembre de 2012

S.D.V.CABODECRUZ

A Sociedade Deportiva Valiño-Cabo de Cruz, ca colaboración do Concello de Boiro e grazas as aportacións de diversos patrocinadores, levou a cabo a celebración do I TORNEO DE PRETEMPORADA DE FÚTBOL BASE S.D.V.CABODECRUZ.
A pesar de ser a primeira edición, o evento desenrolouse con total normalidade debido á numerosa participación de voluntarios, que se volcaron totalmente para que este torneo chegue a consolidarse como referente na promoción do fútbol base galego, e sexa un test previo ao comezo de casa tempada.
O evento que tivo lugar durante os días 8 e 9 de setembro, e que tiña como novidade a de ser o primeiro de fútbol 8, acorde ca nova normativa implantada pola federación de fútbol para a vindeira tempada, contou ca participación de numerosos equipos de diferentes localidades galegas.
Durante todo o fin de semana, cativos desde os 4 ata aos 13 anos, xogaron nos Campos municipais de Vista Alegre en catro categorías, por un sistema de grupos e fase final desde cuartos, a excepción dos infantís que disputaron un triangular de fútbol once.
Desde a S.D.V. CABODECRUZ, quérese destacar a boa sensación que deixaron os seus equipos, que, aínda ca presión de ser o equipo anfitrión, non foi problema para que foran gañando partidos e pasaran a fase de grupos. Destacar que o equipo Alevín quedou apeado a penaltis cun dos finalistas do torneo, e o equipo Benxamín disputou a final, aínda que non puido co potente Santa Mariña, equipo que fixo dobrete en prebenxamíns e benxamíns.
Tamén queremos remarcar o comportamento exemplar de tódolos equipos asistentes ao torneo, así como dar o máis sincero agradecemento, a patrocinadores, colaboradores e voluntarios que fixeron isto posible.
Toda a información e resultados, así como as fotos oficiais dos equipos, están dispoñibles na web do club www.sdvcabodecruz.com.
GAÑADOR DO TORNEO PREBENXAMÍN: SANTA MARIÑA U.D.; 2º: C.D.X.OROSO; 3º: SALGUEIRIÑOS C.F.; 4º: C.D.CONXO
GAÑADOR DO TORNEO BENXAMÍN: SANTA MARIÑA U.D.; 2º: S.D.V.CABODECRUZ; 3º: BERTAMIRÁNS C.F.; 4º: C.D.X.OROSO
GAÑADOR DO TORNEO ALEVÍN: E.CALVO SANZ; 2º: C.D.X.OROSO, 3º: C.D.CONXO, 4º: ABANQUEIRO S.D.
GAÑADOR DO TRIANGULAR INFANTIL: BOIRO C.D., 2ºCLASIFICADO: S.D.V.CABODECRUZ

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Entrada Máis Popular