sábado, 13 de abril de 2013

TERRITIORIAL NORTE - CLASIFICATORIA PARA O GALEGO DE BATEIS

Un ano mais, os clubs da Federación Galega de Remo escolleron a dársena da Pobra para a disputa da regata clasificatoria do campionato Galego de bateis. O Club de Remo Poboa é o encargado de organizar esta competición, que comezará hoxe ás 17.00 horas e continuará mañá a partir das 11.00. Na cita participarán 16 equipos, dos que seis son da comarca.

As deportistas inscritas repartiranse nas categorías de promesas, xuvenís e absolutas. Na modalidade masculina farano en infantís, cadetes, xuvenís e absoluto. Os clubs que tomarán a saída son: Mera, Cedeira, Celeiro, A Cabana, Perillo, Ares, Narón, Mugardos, Esteirana, Noia, Cabo de Cruz , Náutico de Boiro, Rianxo e Poboa.
Na xornada do domingo, dos cinco equipos participantes en cada categoría, clasificaranse para o campionato Galego os catro mellores. O Club de Remo Poboa chega este ano á competición cos equipos de promesas e absoluta feminina, mentres que en masculino contarán con infantís, cadetes e absoluto.
Na organización desta regata colabora tamén a Concellería de Deportes da Pobra e Protección Civil.
 
Cabo afronta con optimismo esta clasificación despois de gañar recentemente a bandeira organizada por a ESTEIRANA, da que procede a seguinte foto:
 
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Entrada Máis Popular