jueves, 22 de agosto de 2013

FIN DE SEMANA DE FESTA EN CABO

DUAS SON AS PALABRAS: MEXILLÓN e REMO
Ainda que con nome diferente, por cuestións burocráticas, a FESTA DA EXALTACIÓN DO MEXILLÓN DE GALICIA seguirá celebrándose un ano máis en CABO DE CRUZ, esta vez co nome de MOSTRA DO MEXILLÓN DE GALICIA.
O programa de actividades é moi completo e variado, pois levarase a cabo en tres xornadas, comenzando o venres 23 ás 21:30, cunha exposición fotográfica de OLLÁPARO, degustación de PAELLA e actuación dunha orquesta. O sábado tamén haberá moitísimas actividadades pero que será mellor que olledes o programa completo deste ano, no BLOG da EXALTACIÓN pinchando aquí - PROGRAMA 2013

O día grande será como de costume o domingo que coincidirá cas regatas de traineras da liga galega.
Este ano, como saberedes todos, debido a que CABO ten inscritas duas traineras na LIGA GALEGA, teremos o privilexio de ver ás 17 embarcacións galegas, remando en Cabo de Cruz. Pois primeiro disputarase a última xornada da LIGA GALEGA B, na que o CABO B, ven competindo co nome de NÁUTICO BOIRO, e unha vez rematada ésta e no mesmo campo de regatas, levarase a cabo a competición da LIGA GALEGA A.

Como ven facendo ano a ano, e xa van 23, o CONCELLO DE BOIRO, patrocina a proba de CABO que nesta edición xa é a XXIIIª BANDEIRA DE TRAIÑEIRAS CONCELLO DE BOIRO, que será disputada pola tripulación de CABO A.

Ahora ben, con respeto a proba da liga B, a directiva de Mario Vidal, da cordo co Concello, promoveu que a bandeira da liga B, levase o nome do náutico e como non, a directiva de Manolo Chicolino, está emocionada ca oportunidade de seguir apoiando ao Club de Remo, e ao deporte de Boiro en xeral. Así pois, ca I BANDEIRA DE TRAIÑEIRAS MARINA CABO DE CRUZ, Boiro acollerá dúas probas oficiais este domingo.

¿HAI ALGO MÁIS EMOCIONANDE NO DEPORTE QUE VER A IRMANDADE DE CLUBS COMO SE VE EN CABO?

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Entrada Máis Popular