domingo, 15 de septiembre de 2013

CABO REGRESA A ÉLITE DO REMO

ZIERBENA con 10, e CABO DA CRUZ con 6 puntos remarán na ACT a vindeira tempada.
O play-off de ascenso estivo moi axustado pois tanto Isuntza como Meira apretaron na segunda xornada chegando ámbolas dúas a 5 puntos.
Final de tempada inolvidable, gañando a bandeira do Concello, facendo un bo posto na clasificación da Concha e regresando á élite pola porta grande, a pesar de ser a menos favorita das cinco traiñeiras que loitaban polo ascenso.
A embarcación de Cabo dá Cruz conseguiu este domingo en Portugalete o ascenso á Liga ACT, a máxima categoría do remo nacional.
Cabo dá Cruz , que onte foi segunda, hoxe acabou cuarta, logrando o regreso a esta categoría, na que esperan facer o mellor papel posible a próxima tempada. Hai que recordar que o equipo crucense está formado por remeiros da zona, o que fai que este ascenso teña un maior mérito.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Entrada Máis Popular