domingo, 27 de abril de 2014

INFANTILES DE CABO DE CRUZ: remo e futbol

A mala sorte cae sobre a categoría infantil en Cabo de Cruz.
Por unha parte, o equipo de futbol 11 de infantiles, perdeu o segundo posto na liga, que daba opción a xoga-la promoción de ascenso, debido a un erro administrativo que sin intención de facer trampa algunha, foi sancionado ca perda dun partido.
Por outro lado, e tamén nos nenos da mesma idade, a tripulación infantil de remo que leva gañando tódalas regatas desta tempada, tivo a mala sorte de non coller boia na final do galego, o que lle supuxo quedar quinto e non poder asistir ao campionato de España, onde estaría disputando sen dúbida, as medallas.

A decepción de estar tan preto do éxito, pode fundir anímicamente a un deportista, pero estos nenos teñen toda a vida por diante. Seguro que o ano que ven, aprenderás desde erros para facelo mellor e ser máis competitivos. ¡
ÁNIMO RAPACES, A ALDEA DE CABO ESTÁ MOI ORGULLOSA DE VOS!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Entrada Máis Popular