miércoles, 23 de julio de 2014

CAMPIONATO GALEGO DE TRAIÑEIRAS - 2014

Cabo está entre as favoritas para gañar o Campionato Galego


Esta tarde a partir das oito en Vilaxoán. Inscribíronse dúas tripulacións femininas e once masculinas. Cabo dá Cruz está entre as favoritas para facerse co título na categoría masculina.

Serán as mozas (Samertolameu e Cabo dá Cruz) as que partan en primeiro lugar. As dúas bancadas pelexarán polo título nesta cita.

Primeira quenda

Un par de minutos máis tarde sairán as traiñeiras de Coruxo, Mar de Bueu e Cesantes para completar a primeira quenda das tres previstas nesta edición. Na segunda serie intervirán as embarcacións de Vilaxoán, Mugardos, Ares e Mecos-Mondariz e na última estarán as favoritas Tirán, Cabo dá Cruz, Samertolameu e Amegrove.

A última quenda será precisamente a das favoritas a facerse coa bandeira de campións. As que máis papeletas teñen, pola súa condición de estar a loitar na ACT, son Cabo e Tirán, aínda que tampouco se pode descartar a Samertolameu e Amegrove, que están a facer un gran campionato a nivel galego.

Os crucenses chegan a esta cita moi motivados tras conseguir o fin de semana un cuarto e un sexto posto, respectivamente. O presidente do club, Mario Vidal, sinalou que será moi difícil debido á calidade dos rivais e que «calquera pode gañar».

Os dous primeiros clasificados obterán o seu dereito a participar no Campionato de España que se celebrará na localidade de Castro Urdiales o fin de semana do 2 e 3 de agosto.

PARA DAR ÁNIMO AOS REMEIROS DE CABO, LEMBRAMOS A MEDALLA DE OURO QUE CONSEGUIRON ESTE ANO EN BATELES.

No hay comentarios:

Publicar un comentario