Presidente deste órgano, será o presidente da AA/VV "A UNIÓN" no momento da súa convocatoria;
Titulares membros da xunta de goberno do Consello Parroquial:
Serán os presidentes das seguintes asociacións, no memonto da súa convocatoria:
· Asociación de Veciños “A Unión”
· Asociación de Veciños do Esteiro “A Marxa”
· Asociación de Pais e Nais do Colexio do Castro “Loureda”
· Asociación de Produtores Mexilloeiros “A Boirense”
· Asociación de Festas do Carme do Cabo da Cruz
· Comunidade de Usufruarios do Cemiterio do Castro
· Representante do Concello de Boiro: Condelleiro/a de Participación Cidadá.
Si ben, no seu día quedaron estas asociacións como as integrantes da xunta de goberno, o certo é que, ante calquera convocatoria feita polo asociacionismo de Cabo, teñen igual voto moitas outras representantes de gran número de socios, como:
· Asociación Cultural e Tradicións Mariñairas “A Gamela”
· Sociedade deportiva Valiño - Cabo de Cruz
· Club de Remo - Cabo da Cruz
· Club náutico Boiro – Marina Cabo de Cruz
.· Club de Pensionistas e Xubilados Tierra y Mar
· Cofradía de Pescadores “Virgen del Carmen”
· Agrupación de Productores Mexilloeiros (ASPROMECRUZ)
· Agrupación de Mexilloeiros Ria de Barraña (AMEBARRAÑA)
· Asociación da Exaltación do Mexillón de Galicia
· Outras: Fiadeira, Biosbardos, Xouxo, Morcego,…
As funcións dos Consellos Parroquiais están determinadas no Regulamento de Participación Cidadá de Boiro, se ben a principal é “que serán as propias asociacións as que xestionen o presuposto asignado á parroquia”, ademais de ser órganos consultivos, interlocutores entre o goberno e a parroquia, e ter facultade para poder intervir nas sesións plenarias. O coordinador de todos os Consellos Parroquiais é o Concelleiro de Participación Cidadá de Boiro.
Arranxo de Fontes, Parques infantís, A Marquesiña e o Peche perimetral do Colexio, dotación de marquesiñas nas paradas do autobus escolar, etc, son claros exemplos de obras levadas a cabo co presuposto que éste Consello puido decidir consensuadamente en que empregalo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario