DESDE O ESTEIRO
HASTA O CHAZO
O porto do Esteiro queda case en
seco en baixamar. Neste anaco de costa destacan “As Marxas” que descubren en
baixamar.
Hasta chegar a Cabo Cruz temos:
Punta da Granxa, Punta de Montedeira e séguelle a máis occidental, a “Punta
Fuciños ou dos Corvos” donde está o chamado, actualmente, “Muelle de Curbera”.
Continuamos desde a Laxendeira hasta a ensenada de Cabo
de Cruz donde podemos diferenciar o chamado “Muelle Vello” e un novo
que parte do “Campo” hacia o Oeste e logo hacia o Norte, quedando a ensenada
únicamente aberta ó Norte.
Cabo Cruz e una lingua de aproximadamente 600 m. ó Sur
formando outra ensenada con Pta. Piñeirón rodeada de pedras.
Cabo de Cruz
De Pta. Piñeirón para Leste corre
a praia de Carragueiros (escrita Carregeros nas cartas náuticas) limitando con
ela polo Sur a restingua dos Baos que sae uns 500 m. Ata a Pta. do Chazo a
costa despide numerosas pedras e baixos, ainda que se pode destacar a Illa de
Abensa ou Benencia a 1.800 metros de dita Pta. Coronada de pedras ten unha
lonxitude aproximada de 300 m. continuando hacia o SW por unha restinga que
avanza 200 m.
O baixo máis avanzado desta costa
é o “Findlay o Moscardiño” a 1.000 m. ó 170º do alto da Abensa. A Pta. do Chazo
é sucia e con restinga, destacando “A Barsa”, pedra aislada a 800 m. ó SSE que
forma co “O Seixo” ó SE a agostura da entrado ó porto de Vilagarcía.
No hay comentarios:
Publicar un comentario