PROXECTO ESPERANZA


Este proxecto parte dunha inciativa da Asociación, coa que se pretende recuperar parte do noso patrimonio histórico-cultural e mariñeiro e dar a coñecer a riqueza etnográfica do noso pobo ás nobas xeracións, a través da construcción dunha réplica da gamela “ESPERANZA” última embarcación desta tipoloxía, tendo que destacar que esta embarcación está referenciada polo historiador e etnólogo Staffan Morling no seu traballo “Las embarcaciones tradicionales de Galicia”
Para levar a cabo este proxecto, dividíuse en dúas fases: unha primeira na que se construiría a réplica da gamela, adquisición dun remolque axeitado para desplazamentos e confección de dúas velas, e nunha segunda fase trataríase de dar a coñecer mediante unha publicación o proceso constructivo da gamela, artes e aparellos cos que pescaba e unha pequena historia da construcción naval na nosa zona.
Para a primeira fase cóntase cunha subención da Consellería de Pesca Marisqueo e Acuicultura da Xunta de Galicia a través da dirección xeral de formación pesqueira.
A COORDINACIÓN E DIRECCIÓN DO PROXECTO e levada a cabo por Antón Vidal e Gerardo Triñanes.


CATRO APUNTES SOBRE ESTA EMBARCACIÓN

A gamela Esperanza é unha contribución exclusiva da zona de Cabo de Cruz á rica etnoloxía marítima da ría da Arousa, ainda que definir esta embarcación como gamela antóxase demasiado simplista e significa fuxir dunha mínima análise das súas carcterísticas técnicas. Sen profundizar moito, a primeira vista, notamos que o fondo, ainda que plano, non é o clásico da gamela con táboas de babor a estribor, senón que a súa colocación e de proa a popa; tamén pola inclinación da súa popa exagonal e outros aspectos constructivos diríase que naceu para cubrir o oco entre gamela común e a dorna. Trátase en todo caso, dunha embarcación moi singular, dedúcese tamén das súas características técnicas un alto nivel de prestacións que son corroboradas por algúns dos mariñeiros que tiveron a sorte de navegar nelas, tanto a remos como a vela.
A vela que se utiliza nesta embarcación é a nomeada mística. Este tipo de vela xurde como resultado do acortamento da verja e a desaparición dos rizos, sempre incómodos na vela latina normal, que ocasionan un peso molesto para a estabildade do barco. A arboladura é sinxela, leva un obenque a barlovento que serve ó mesmo tempo de driza, leva un motón e no tope do pau incrústase unha peza chamada “noz” para que poida correr ben a driza.
Adicábanse principalmente ós trasmallos e artes varias, sin que tiveran a denominación específica de trasmalleiras. Sería aventurado decir exactamente en que data se empezan a construir este tipo de embarcacións, ainda que é ben coñecido que foron os anos trinta e corenta  os de máis esplendor, cun censo que rondaría as cincuenta, e como puntos de construcción máis coñecidos, O Chazo e Cabo de Cruz.


ACTIVIDADES A DESENVOLVER CA EMBARCACIÓN RECUPERADA:

Motiva-las novas xeracións neste eido cultural e evitar a perda definitiva deste tipo de construcción, para eso, está en marcha a creación dunha asocioación cultural donde os seus fins específicos son a recuperación e divulgacións de oficios tradicionais.
Revitalizar nesta zona cunha forte tradición en construcción naval o mundo da cultura mariñeira, mediante exposicións, pequenas singladuras, etc…desta embarcación tradicional que constitúe unha das riquezas do noso patrimonio cultural.
Participación nos encontros de embarcacións tradicionais que se veñen desenvolvendo o longo do noso litoral, e outros fora da nosa comunidade.
Fomentar o consumo respondable hacia productos artesáns pola cantidade de elementos positivos que conlevan: emprego fundamental de materias primas autóctonas, baixo custo enerxético para producir, escaso risco medio-ambiental, productos con identidade propia e grande importancia como argumento turístico etc…
Posibilidade de facer cursos de carpintería de ribeira (construcción naval en madeira) para que os afeccionados a vela é a este tipo de embarcacións tradicionais poidan construir a súa propia embarcación.

CONSTRUCCIÓN DA ESPERANZA - LIBERTADE:

As dimensións da esperanza e da súa réplica, a Esperanza-Libertade, cunha eslora de 4,59 m, unha manga de 1,66 m, e un puntal de 0,49 m, fainos pensar que dentro desta tipoloxía foi das máis pequenas e, seguramente, das últimas que se construíron.
Todo parece indicar que a gamela de Cabo de Cruz aparece na última década do 1800, como consecuencia dunhas condicións de vida que impoñían unha serie de limitacións  para acceder a embarcacións máis complexas, e polo tanto, máis custosas, como a dorna, pero necesitábase máis seguridade da que afrecía a gamela común. Isto foi, seguramente, o que lle transmitiron os mariñeiros ó mestre Francisco Places Fernández e o que, conxugando a riqueza constructiva e a complexidade da dorna coa maravillosa simplicidade da gamela, o levou a construir un tipo de embarcación única e exclusiva que, sen dúbida, merecía ser rescatada do esquecemento, para colocala no papel que lle corresponde dentro da rica etnoloxía da ría da Arousa.
A secuencia construcctiva dunha embarcación case sempre pola elaboración do modelo. Utilizámo-lo termo “elaboración” por consideralo máis axeitado ca “construcción”, xa que o modelo é a base dunha boa execución da embarcación. Calquera mínimo erro no modelo será multiplicado pola escala correspondente, e o erro queda multiplicado do mesmo xeito.
En xeral, este modelo representa a metade da construcción, posto que a outra parte é completamente simétrica. Antes de construí-lo modelo eleximos unha escala que, polo xeral, para pequenas embarcacións de ata 10 ou 12 m de eslora será de 1/10, e para esloras maiores, de 1/20. Esta escala permitiranos, unha vez feito o modelo, face-los trazados das distintas pezas que compoñen a embarcación (caadernas, codastes, proa, popa, etc.) a tamaño real. Tamén nos valerá para realiza-lo plano da embarcación de onde se obteñen tódalas medidas e cálculos necesarios para a súa construcción.


Modelo de Barco



Modelo de embarcación tradicional: lancha xeiteira


Distintos modelos de embarcacións

Dicíamos antes que, case sempre, a nova construcción empeza pola elaboración do modelo, agás no caso de pequenas embarcacións, como a gamela que nos ocupa. Neste caso, tamén podemos facelo coa técnica coñecida como: a partir dos bordos, polo que a secuencia constructiva a partir do modelo queda alterada da seguinte maneira:
Secuencia constructiva a partir do modelo: quilla, proa, popa, cadernas, cuberta bordos e fondo.
Secuencia constructiva a partir dos bordos: proa, popa, bordos, cadernas, fondo, cuberta e quilla.
O mestre artesán, no caso da construción da réplica da Esperanza, utilizou a técnica a partir dos bordos, e fixo a estampa de popa da Esperanza. O mesmo fixo ca proa, na que realizou o alefriz necesario para recibi-los tres bordos en “tingladillo”, que caracterizan esta tipoloxía de embarcación. Tanto o lanzamento da proa como a caída da popa colócanse a partir do madeiro de armar, coa mesma inclinación que ten a embarcación orixinal, clave para que a embarcación que tratamos de reproducir non se vexa alterada.
No medio da embarcación colócase unha falsa caderna mestra, e no primeiro tercio de proa unha falsa caderna do zapatón. Ámbalas dúas cadernas son unha réplica exacta e teñen a mesma disposicións cás súas homólogas da embarcación que se pretente reproducir. Tendo en conta os puntais máximos destas dúas cadernas, o da popa e o da proa da embarcación, colócase un barrote ou vagra que nos definirá o canto do fondo do primeiro bordo, tamén nomeado bordo de abaixo. Nesta fase da construcción, e tal como amosan as fotografías, xa nos facemos unha idea de cómo será esta embarcación.

1.- Proa. 2.- Estampa de popa. 3.- Cravadeiras da popa. 4.- Falsa caderna maestra. 5.- Madeiro de armar. 6.- Falsa caderna do zapatón. 7.- Vagras. 8.- Fasquía.


1.- Proa. 2.- Estampa de popa. 3.- Cravadeiras da popa. 4.- Falsa caderna maestra. 5.- Madeiro de armar. 6.- Falsa caderna do zapatón. 7.- Vagras. 8.- Fasquía.

A adaptación do contorno dun bordo, para a súa posterior colocación no lugar axeitado, recibe o nome de fasquiar, técnica esta que precisa de especial atención para conseguir resultados óptimos. Mediante a fasquía, que é unha peza delgada de madeira que colocamos no sitio onde irá o bordo conseguimos, utilizando o compás e un lapis, tódalas referencias necesarias para face-lo bordo. Tamén se chama fasquía a presencia do barco. Así, dicimos: “este barco ten boa ou mala fasquía”, en función de se nos gusta ou non. Tamén utilizámo-la expresión mariñeiro, pero xa non referida á estética do barco, como sería o termo fasquía, senón ó conxunto de cualidades que o fai comportarse ben ou mal no mar. Así dicimos, “ este barco e moi mariñeiro” ou “non e mariñeiro”.
Esta foto amosa os bordos de abaixo e do medio, xa feitos e colocados no sitio que antes ocupaban a vagras que determinaban o seu contorno.

9.- Bordo de abaixo. 10.- Bordo do medio. 11.- Cravadeiras exteriores da popa.

9.- Bordo de abaixo. 10.- Bordo do medio.


Nestas fotos aparece xa colocado o terceiro bordo, ou bordo de arriba, e podemos ver perfectamente o detalle do “tingladillo”, na popa e na proa da embarcación; así como as varengas das caderna que recibirán o fondo, non da medeira das típicas gamelas de babor a estribor, senón de proa a popa, característica esta moi peculiar para este tipo de embarcación.

12.- Bordo de arriba. 13.- Varengas.

Cos tres bordos virados, e unha vez colocados sobre eles as cadernas cóas súas varengas, que recibiron o fondo, procédese a colocación das regalas, coureis e de tódolos elementos que conforman a cuberta (corredores, panetas, bancos, pés de amigo, xunquiño), dos reforzos lonxitudinais interiores (sobrequilla, cordas, peañas), e prestaráselle especial atención á fura do pao e ás guías, que irán no banco de proa. A colocación da quilla e do temón, serán dos últimos traballos que se realicen, xunto coa colocación das remadoiras, toletes e rozadoiros.
Para  a construcción da gamela utilizóuse, para os bordos, corredores, panetas, fondo, pao e verga o piñeiro do país; para as cadernas e proa, o carballo; e para a sobrequilla, cordas, peañas e quilla, o eucalipto. A utilización de distintos tipos de madira responde ós requerimentos de dureza e flexibilidade que demanda o sitio onde vai ser colocada a peza. Como exemplo, diremos que para os reforzos lonxitudinais, como a sobrequilla, quilla e cordas, o eucalipto proporciona unhas condicións de elestacidade e flexibilidade que non achega o carballo; sen embargo, para a estructura da embarcación (cadernas, proa, etc.) as condicións mecánicas e de dureza do carballo son inmellorables.

A Esperanza-Libertade xa rematada




No hay comentarios:

Publicar un comentario

Entrada Máis Popular