A Sociedade Deportiva Valiño-Cabo de Cruz, ca  colaboración do Concello de Boiro e grazas as aportacións de diversos  patrocinadores, levou a cabo a celebración do I TORNEO DE PRETEMPORADA DE FÚTBOL BASE  S.D.V.CABODECRUZ. 
A pesar de ser a primeira edición, o evento desenrolouse  con total normalidade debido á numerosa participación de voluntarios, que se  volcaron totalmente para que este torneo chegue a consolidarse como referente na  promoción do fútbol base galego, e sexa un test previo ao comezo de casa  tempada.
O evento que tivo lugar durante os días 8 e 9 de  setembro, e que tiña como novidade a de ser o primeiro de fútbol 8, acorde ca  nova normativa implantada pola federación de fútbol para a vindeira tempada,  contou ca participación de numerosos equipos de diferentes localidades  galegas.
Durante todo o fin de semana, cativos desde os 4 ata aos  13 anos, xogaron nos Campos municipais de Vista Alegre en catro categorías, por  un sistema de grupos e fase final desde cuartos, a excepción dos infantís que  disputaron un triangular de fútbol once.
Desde a S.D.V. CABODECRUZ, quérese destacar a boa  sensación que deixaron os seus equipos, que, aínda ca presión de ser o equipo  anfitrión, non foi problema para que foran gañando partidos e pasaran a fase de  grupos. Destacar que o equipo Alevín quedou apeado a penaltis cun dos finalistas  do torneo, e o equipo Benxamín disputou a final, aínda que non puido co potente  Santa Mariña, equipo que fixo dobrete en prebenxamíns e  benxamíns.
Tamén queremos remarcar o comportamento exemplar de  tódolos equipos asistentes ao torneo, así como dar o máis sincero agradecemento,  a patrocinadores, colaboradores e voluntarios que fixeron isto  posible.
Toda a información e resultados, así como as fotos  oficiais dos equipos, están dispoñibles na web do club www.sdvcabodecruz.com.
GAÑADOR DO TORNEO PREBENXAMÍN: SANTA MARIÑA U.D.;  2º: C.D.X.OROSO; 3º: SALGUEIRIÑOS C.F.; 4º: C.D.CONXO
GAÑADOR DO TORNEO BENXAMÍN: SANTA MARIÑA U.D.; 2º: S.D.V.CABODECRUZ; 3º:  BERTAMIRÁNS C.F.; 4º: C.D.X.OROSO
GAÑADOR DO TORNEO ALEVÍN: E.CALVO SANZ; 2º: C.D.X.OROSO, 3º: C.D.CONXO, 4º: ABANQUEIRO S.D.
GAÑADOR DO TRIANGULAR INFANTIL: BOIRO C.D., 2ºCLASIFICADO:  S.D.V.CABODECRUZ
 
No hay comentarios:
Publicar un comentario