domingo, 10 de agosto de 2014

LA VOZ DE GALICIA

Cabo fixo a mellor regata da tempada na súa casa

Os crucenses acabaron terceiros e seguen superando as expectativas fixadas antes de comezar a liga


Despois de varios anos sen acudir, a Liga San Miguel reapareceu esta mañá en Boiro cun tempo desapracible pero que non foi impedimento para que o numeroso público que se achegou á localidade coruñesa gozase dunhas regatas moi emocionantes. Así, a quenda de honra volveu contar co gañador da bandeira, que neste caso foi Orio Babyauto cun tempo de 20'49'' '46, e deste xeito suma a súa terceira bandeira na Liga San Miguel.
En segunda posición, a tres segundos dos oriotarras, entrou Hondarribia Orsa, que mantén o liderado con cinco puntos de renda. A terceira posición foi para os locais de Cabo cunha marca de 20'59'' '02, logrando así diante da súa xente o mellor resultado da tempada.




No hay comentarios:

Publicar un comentario