Cabo de Cruz, 15-07-2015
Unha das mellores orquestras do momento, Panorama, subirase esta noite ao escenario instalado en Cabo de Cruz para ir caldeando o ambiente nesta vila mariñeira. Compartirá protagonismo con Armonía Show. Mañá serán Charleston Big Band e unha discoteca móbil as que pechen as celebracións. Pero, antes, como manda a tradición, mariñeiros e veciños terán ocasión de arroupar á santa na súa ruta polo litoral. A viaxe terá lugar despois da misa das 12.00. Un serán tradicional (20.00 horas) e unha tirada de artificios por terra, mar e aire (24.00) completan o cartel.
No hay comentarios:
Publicar un comentario