martes, 4 de septiembre de 2012

I TORNEO S.D.V. CABO DE CRUZ

Máis de 50 equipos disputan o primeiro torneo do Cabo de Cruz

O campo municipal de Vista Alegre, en Boiro, será escenario o fin de semana do primeiro torneo de pretemporada de fútbol base que organiza a Sociedade Deportiva Valiño Cabo de Cruz . Un total de 51 equipos anunciaron a súa presenza nesta competición, que leva a cabo coa finalidade de que os pequenos poidan comezar a disputar partidos e a coller a forma física antes de que comece a competición.
Os equipos de prebenjamines, benxamíns e alevíns entrarán en acción o sábado. Durante todo o día se disputará a competición, e a partir das sete e media da tarde xogaranse as finais.
O torneo renovarase o domingo pola mañá coa participación das categorías alevíns e infantís. Os partidos arrincarán ás nove da mañá nos campos habilitados nas dúas canchas de Vista Alegre.
Catro grupos
Os equipos participantes proceden de toda a comarca barbancesa e tamén está prevista a presenza de conxuntos de diferentes puntos de Galicia.
O torneo disputarase na modalidade de fútbol 8 e haberá 16 conxuntos en cada categoría, que estarán distribuídos en catro grupos na primeira fase, pasando á seguinte rolda os dous primeiros. Cada equipo poderá presentar catorce xogadores.
A duración dos partidos será de 25 minutos sen descanso ata cuartos de final.
Triangular
Por outra banda, cabe destacar que o torneo de infantís disputarase mediante un triangular, no que participan os equipos do Cabo de Cruz , Sálvora e Boiro, que se enfrontarán entre eles.
Os tres encontros serán o domingo e o primeiro choque xogarase a partir das once no campo de herba artificial entre o Cabo de Cruz e o Sálvora. O segundo encontro disputarano o Boiro e o Sálvora, mentres que o último partido será entre os conxuntos locais a partir das seis.
 
TODA A INFORMACIÓN DO TORNEO AO MINUTO EN WWW.SDVCABODECRUZ.COM



No hay comentarios:

Publicar un comentario