O club de fútbol comezou a tempada con moi bo pe, pois está
nos postos altos en tódalas categorías, e con claras opcións de disputar ata o
final, as dúas ligas alevíns e a benxamín A.
A mariña de Cabo de
Cruz, disfruta dun momento de calma en canto a eventos, debido ao final do período
estival, pero a organización dun curso para sacar o titulín por medio da
federación galega de vela e o bo comezo da liga nacional de Volei propician que
este club siga tendo espazos privilexiados nos xornais.
A asociación
cultural e de tradicións mariñeiras, está un pouco parada, pero lembremos que o
convenio de colaboración firmado este ano co Náutico de Boiro, fará que esta
asociación volva a ser referente cultural e de recuperación do patrimonio
marítimo, organizando cursos de vela tradicional, exposicións, e por qué non, a
primeira concentración de Embarcacións Tradicionais na nova dársena de Cabo.
As Festas do Carme
parecen estar moi lonxe, pero si queremos seguir tendo as mellores orquestas,
debemos de colaborar todo o ano ca comisión, así que desde aquí lembramos que xa
podedes comprar hoxe mesmo, algunha participación de lotería de Nadal.
Tanto na APA
Loureda coma na Asociación de veciños A Unión, veñen de remodelar as súas
directivas, incluíndo algunha cara nova, pero o máis importante en canto a
continuidade destes colectivos, e o relevo das presidencias. O feito de que ámbolos dous presidentes, xa
formaran parte das directivas dos últimos anos, fará máis doado para os actuais
directivos e socios o cambio na dirección.
A APA continua co
camiño marcado durante o pasado ano, ca intención de contribuír a que o alumnado
non se vexa afectado polas decisións do profesorado e dirección do centro,
empeñado en defender os seus dereitos de funcionarios a base de restar
actividades de tradición escolar. Si o ano pasado, o colectivo de país tivo que
facerse cargo da organización do festival de Nadal, este ano, ademais de dito
festival, tamén está organizando a excursión de fin de curso dos nenos de
quinto e sexto curso.
En canto a AA/VV A
UNIÓN, a veces pequenos cambios, propician perspectivas diferentes a hora de
afrontar os mesmos retos. A defensa do benestar dos veciños de Cabo de Cruz,
seguirá estando garantida mentres a asociación continúe estando activa, e sendo
unha voz a ter en conta polos políticos que gobernen no Concello. Estes días xa
puidemos ler, tanto nos xornais como no blog da propia asociación, as primeiras
peticións do novo presidente ante o Alcalde, así como algúns problemas de
posible solución da xente de Cabo, si estes son atendidos co apoio dos
gobernantes. A Unión tamén participa no sorteo de Nadal, con lotería sen
recargo. Os interesados pódena adquirir no Centro Social de Cabo.
En canto ao sector
privado, todo o mundo está vivindo día a día a crise do país, pero unha vez
mais, Cabo de Cruz, está sendo un exemplo nos sectores de traballo:
Si ben a principios de mes, Amparo Fernández,
ao fronte da súa perruquería, interveu no certame de Pecha Kucha, una
plataforma na que cinco xoves compartiron as fórmulas cas que convirtiron una
idea emprendedora nun próspero negocio, onte chegou a noticia do recoñecemento
europeo para o mexillón de Cabo de Cruz. A depuradora que AMC ten en Bueu,
acadou o certificado de calidade internacional “Food Standard” IFS, polo
protocolo de seguridade alimentaria.
Non nos queremos
esquecer do Club de Remo, que está en período de entrenamento e planificación
da tempada, pero que despois do acadado no último ano, seguro que esta tempada,
nos fará disfrutar desde deporte que tanto recoñecemento lle dou ao noso pobo.
Para rematar este pequeno
resumo, que dicir do Centro Social?. Referente comarcal en canto a exposicións
fotográficas, organización de actividades culturais, lúdicas e didácticas. So
esperamos e desexamos que se dote canto antes de mobiliario esencial, como por
exemplo, un patio de butacas no auditorio ou o acondicionamento do escenario
con telón, son e alumeado apropiado para os eventos culturais que se están
representado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario