Ola de novo desde www.cabodecruz.org.
Vou comezar o repaso da Parroquia, pola Cofradía de
Cabo. A finais de novembro empezouse a observar a morte do berberecho, que
según estudios realizados por técnicos aparecían evidencias de que os
berberechos son parasitados por algún protozoo, producíndolle a morte antes de
chegar sequera a un centímetro de tamaño. A consecuencia e nefasta para a
cofradía que calculaba unha perda do 70% da produción de berberecho. Si sumamos
este novo escollo, a penosa rexeneración de áridos de Barraña, onde xa nacen
plantas na prensada area de canteira, o futuro marisqueiro pinta bastante mal.
Por outra parte está o fatal anuncio de
Garavilla. Este e o nome empresarial que mercou as fábricas de Pita, para agora
anunciar o peche da de Vilaxoán. A decisión adoptada pola empresa responde
unicamente a cuestións organizativas, e non a que a empresa teña perdas
económicas. Todo fai presaxiar, que o que interesaba era o nome, “a marca”,
pois o nome de “CUCA” é garantía de calidade. Sen embargo, o grupo vasco está anunciando que
a planta matriz de Cuca en Vilaxoán será desmantelada mentres o futuro da antiga factoría de Pita en Cabo de Cruz parece
que vai seguir subsistindo. Tanto é así, que os plans pasan por trasladar parte da produción de Vilagarcía á fábrica de Cabo.
Outra nova importante no sector empresarial,
ten como nome propio ao Asteleiro Triñanes Domínguez, s.l. Si fai uns meses podíamos ver na televisión como o Asteleiro
Triñanes, era exemplo de cómo un asteleiro familiar soubo adaptar a tradición
ás novas tecnoloxías para seguir dando traballo despois de 30 anos, agora
acáballe de chegar un recoñecemento a nivel Nacional, finalista dos Premios
Nacionais de Artesanía 2012. O asteleiro do Chazo, xa foi galardoado co Dolmen
de Ouro polo empresariado comarcal, pero isto vai máis aló, trátase dunha
mención no conxunto do Estado que sen dúbida, estimulará a esta empresa a
seguir loitando no seu sector. Dende aquí, PARABÉNS por tan alta distinción.
Que mais podemos escribir do que está sucedendo na Parroquia do
Castro, pois como podemos ler nos blogs da APA Loureda ou no do Centro Social
de Cabo, o rotundo éxito do festival de Nadal. No que ademais de pasar unha
grata velada, os nenos de quinto e sexto curso recadaron unha boa axuda para a
súa excursión de fin de curso, non só cas entradas senón cos doces que se
venderon ao finalizar o festival.
Mais información en http://anpaloureda.blogspot.com/ e tamén no blog do centro social http://centrosocialdecabo.blogspot.com/
Mais información en http://anpaloureda.blogspot.com/ e tamén no blog do centro social http://centrosocialdecabo.blogspot.com/
No tema deportivo, volvemos co Náutico de
Boiro, se ven parecía que nesta época de inverno, pouco se falaría desta
entidade, resulta que unha vez mais está presente nos xornais.
Primeiro porque o Club Náutico Boiro Mariña de Cabo de Cruz segue sumando satisfaccións. Desde que se inaugurou, fai seis meses, a entidade non deixou de crecer. O último recoñecemento foi a concesión da Q de calidade, un distintivo do que tan só poden presumir trece portos deportivos do litoral español.
É segundo, pola presentación oficial do club de piragüismo. Os integrantes do Náutico Boiro Piragüismo Rías Baixas iniciaron hai uns días os adestramentos para preparar a nova tempada, que arrinca en breve. O Náutico Boiro, patrocinador do equipo de piragüismo, pretende converter ao equipo de piragüismo nun dos mellores de España, de forma similar a como axudou ao equipo de voleibol a ser campión dá Primeira División nacional.

Pasamos as infraestruturas anunciadas para
Cabo.
Os traballos que se levarán a cabo nas
avenidas de Compostela e Barraña de renovación da canalización da auga, terán
continuidade cunha nova instalación ata Cabo de Cruz . Todos estes traballos
levan anos demandándose. O custo da actuación ascende a 500.000
euros e os fondos proceden da Deputación. Unha das particularidades que ten
esta iniciativa é que será a propia Administración boirense, a través da súa
brigada de obras, a encargada de executala. O Concello comprará os materiais
para acometer os traballos e así aforrar custos, e o tempo de execución
estimado será de seis meses.
Esperaremos que desta finen os continuos
cortes de auga, debido as rupturas da actual tubería.
Por último, acabo este resumo invitándovos a
baixar e imprimir o práctico calendario desenrolado polo colectivo Boiroverde.
Durante os últimos meses desenvolveu un proxecto que hai uns días culminou coa
presentación dun vídeo e un calendario, ambos con información sobre as plantas
medicinais. A entidade contou coa colaboración dos alumnos do taller de memoria
de Cabo de Cruz . Boa parte deles, en concreto, Branca Otero, Elena Ferreirós,
Pura Triñanes, Carmen Otero, Marcelino López, Teresa Sieira, María Soto, María
Rivas, María Laíño e Adelina Otero, estaban presentes no acto de presentación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario